ANA OLVEIRA BLANCO

Traballadora a tempo parcial de Abeluria S. Coop Galega, é diplomada en Relacións Laborais (Universidade de Santiago de Compostela, 2003) co Máster en Xestión e Dirección Laboral na especialidade de Xestión Sociolaboral (Universidade de Santiago de Compostela, 2009). Na actualidade é doutoranda na Universidade de Santiago de Compostela na que está a realizar a súa tese baixo o título «A cooperativa: emprendemento en feminino» de ser investigadora adxunta ao Centro de Estudos Cooperativos – CECOOP da Universidade de Santiago de Compostela. Conta cunha dilatada experiencia profesional de máis 14 anos en diferentes postos entre os que destacan tarefas relacionadas coa xestión empresarial e a coordinación de proxectos, entre outras. Foi xerente de Sonaxe, S. Coop Galega e co- responsable do departamento de administración de 7H, S. Coop. Galega. Agora desempeña tarefas de consultora, mentora e formadora en economía social en Abeluria S. Coop Galega a través da que tamén forma parte do equipo de técnicas de fomento do cooperativismo e a economía social da Rede Eusumo pertencente á Xunta de Galicia e ademais está a traballar na elaboración da Estratexia Galega de Economía Social.

Contacto – ana@abeluria.coop

 

ALEXANDRE PEREIRA PÉREZ

Graduado en Relacións Laborais (2002) e co Máster en Prevención de Riscos Laborais (2005). Técnico en cooperativismo e experto en economía social. Colaborador da Xunta de Galicia, EOSA e Xedega como técnico da Rede Eusumo desde 2011 e actualmente é técnico no programa Responsabilízate da Xunta de Galicia. Formador e mentor no eido do emprendemento, a economía social e as cooperativas e a responsabilidade social empresarial. Foi co-responsable do departamento de administración de 7H, S. Coop. Galega.

Contacto – alex@abeluria.coop

 

REBECA SÁNCHEZ ANDRADE

Graduada en Xornalismo pola USC. Conta co Máster en Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional e Máster en Marketing, consultoría e comunicación política da USC. Xornalista e comunicadora, traballou en medios de comunicación rexionais e nacionais tanto de corte tradicional como nativos dixitais. A súa experiencia está ligada á comunicación corporativa e institucional con traballos realizados en gabinetes de prensa tanto da administración pública como de entidades do terceiro sector. Agora desempeña traballos como asesora de comunicación e como responsable de gabinetes de comunicación de diversas asociacións.

Contacto – rebeca@abeluria.coop