Acompañando e visualizando á economía social. #Cooperativa#EconomíaSocial #Galicia Comunicación / Igualdade.

O proxecto naceu como resposta á creación de empregos estables e de calidade das tres persoas promotoras da iniciativa. Profesionais que levan anos traballando nos seus respectivos campos e que tras unha serie de experiencias de traballo e colaboración conxunta decidiron emprender en común poñendo as súas habilidades e capacidades en común.

Poñemos a nosa creatividade e experiencia a disposición dos nosos clientes co fin de proporcionar un asesoramento axeitado ás súas necesidades. Escoitamos ós nosos clientes e creamos solucións que acadan os resultados desexados. Proporcionamos unha atención que destaca polo seguinte:

  • Servizo personalizado.
  • Proximidade e trato cercano.
  • Coñecemento do servizo.
  • Cumprimento de prazos
  • Igualdade de xénero
  • Experiencia.
  • Profesionalidade.
  • RSE